Wednesday 08 de May de 2024

Éxito de participación no I Campionato Concello de Ordes de Patinaxe Artística


Na competición participaron 150 deportistas de distintos puntos da xeografía galega

O Concello de Ordes vén de amosar a súa satisfación pola boa acollida que esta fin de semana rexistrou a primeira edición do torneo de patinaxe artística que leva o seu nome. O pavillón Castelao I acolleu a un elevado número de público asistente, así como aos 150 patinadoras e patinadores que durante todo o día participaron tanto nas probas de niveis como nas das categorías autonómica e nacional englobadas no dito campionato.
Unha convocatoria que contou coa presenza dunha ducia de clubes de distintos puntos da xeografía galega. Concretamente estes foron: Club Patinaxe Anca de Lugo (Sarria), CP Axel-Arteixo, CP Fervello (Meicende), AD Fontiñas (Santiago), AD Liceo (Coruña), CP.Omega (Milladoiro), CPOroso (Sigüeiro), CP Patiart – Coristanco, CP Raiola de Ferrol, CP Sarela (Ames), CP Velúa (Malpica), CP Galia de Ordes. Cada un deles estivo representado por deportistas cuxas idades oscilaron entre os 3 e os 17 anos.
Os nomes destacados desta competición foron os seguintes;
Categoría benxamín: 1º Sara Gonzalez (CP Oroso); 2º Martina Bretaña (CP Omega). Categoría alevín: 1º Miriam Pose (AD Liceo); 2º Antía Vizcaya (CP Sarela); 3º Lara Reboredo (CP Galia Ordes). Categoría infantil masculino: 1º Víctor Martinez (CP Patiart Coristanco); 2º Alejandro Redondo (AD Liceo). Categoría infantil femenino: 1º Lucía Fernandez (AD Liceo); 2º Andrea Castañeda (CP Fervello); 3º Diana Iglesias (CP Galia Ordes). Categoría cadete: 1º Lucía Cortés (AD Liceo); 2º Iciar Vazquez (CP Sarela). Categoría absoluta: 1º Irene Guillermes (CP Sarela); 2º Pilar Añón (CP Axel Arteixo); 3º Antía Diaz (CP Raiola).
Todas e todos os participantes recibiron un diploma acreditativo. Ademais José Luis Martínez Sanjurjo, alcalde de Ordes, foi o encargado de facer entrega dos trofeos aos gañadores deste I Campionato Concello de Ordes de Patinaxe Artística.